INFANTÍS. NUMANCIA, 4 - ÁNIMAS, 4
MÁIS GOLES CA FÚTBOL
Reparto de puntos na estrea da nova equipación co patrocinio do concello aresán.
Ares, 22 de outubro de 2010
Cuarta xornada de liga que enfrontaba a dous equipos parellos, no campo de Prados Vellos.
ALINEACIÓNS
NUMANCIA: Agustín (Antonio, m.41); Emi, Sergio (Nico, m. 67), Alberto, Marcelo; Óscar, Martín; Andrés (Rolo, m. 68), Fran (Brais, m. 62), Ángel(Miguelín, m. 70) e Carlos.
ÁNIMAS: Carlos; Pablo, Brais, Abraham, Alberto, David, Pablo Montero, Diego Santamarina (Pablo Mendizábal, m. 77), Diego Porca, Ángel e Talyton.
ÁRBITRO: Fernando Caruncho.
GOLES:
0 – 1 (9 m.): Erro defensivo na defensa local, entregando o balón ao dianteiro do Ánimas, Diego, quen de disparo cruzado bate a Agustín por baixo.
1 - 1 (12 m.): Ángel consegue o empate, aproveitando un mal despexe da defensa ferrolá.
2 – 1 (17m.): Pase longo de Martín para Novoa quen, dentro da área, cruza o balón ante a saída do porteiro.
2 - 2 (20 m.): Saque de banda favorable ao Numancia que vai dentro da área local, onde se adianta o dianteiro Talyton, que empata o partido, de disparo cruzado.
2 – 3 (45 m.): Disparo de Diego que sorprende por alto a Antonio.
3 - 3 (50 m.): Falta ao borde da área lanzada maxistralmente por Alberto.
4 - 3 (68 m.): Contraataque local con entrega de Martín para Emi, entrando por banda dereita á área, e pasando para o punto de penalti a Carlos, que controla e coloca pegado ao poste da portería ferrolá.
4 - 4 (m. 85): Balón disputado no centro do campo que acaba en falta favorable ao Ánimas. Ángel efectúa un golpeo directo e o balón supera por alto a Antonio.
COMENTARIO:
Ao comezo do partido, o sr. alcalde de Ares, d. Julio Iglesias posa co equipo infantil do Numancia, que loce a nova equipación amosando o logo de “Vive Ares”.
Cando xa ían cinco minutos de desconto, o Ánimas conseguiu o tanto do empate final, nun partido igualado e cheo de imprecisións por ambos equipos. Maior dominio local, con máis posesión de balón, pero con pouca pegada arriba e certa desorde defensiva. Ainda que non somos partidarios de valorar as actuacións arbitrais, si resulta obrigado comentar que no minuto 53, con empate a tres goles, Ángel recibe unha patada por detrás, dentro da área, cando se dispoñía a rematar a portería. Penalti clamoroso que o árbitro non “viu”.
Tamén debemos informar que no minuto 66, o xogador visitante Diego resulta amoestado con cartón amarelo tras unha agresión (patada por detrás a Óscar, sen balón).
Concluíndo, o equipo do Numancia debe intentar corrixir os erros que está cometendo e intentar aproveitar as oportunidades de gol. Todo isto, sen esquecer que o obxectivo principal ten que ser, por unha banda, o control do balón e a procura de xogadas máis elaboradas; e, por outra parte, conseguir que os vinte e tres nenos que forman este plantel, participen o máximo de tempo posible.