ALEVÍNS: NUMANCIA, 5 - R. SAN PEDRO, 2.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 5 - R. San Pedro 2. Prados Vellos.BO COMEZO DUNHA NOVA ETAPA
Tarde de venres asollada e calurosa. Entraba en escea nos Prados Vellos o Numancia alevín. Despois da primera semana de adestramientos, chegaba o primero amigable ante o Racing San Pedro. 

Ares 03 de septembro de 2010

NUMANCIA: Adrián, Fran, Adri, Alexis, Piñeiro (capitán), Pablo, Antón. Nando, Javi, Antonio, Alejandro, Alex e Diego.

GOLES: Antón (4) e Alex.

Un Numancia que conserva 8 xogadores da tempada anterior. 8 xogadores de segundo ano que esta tempada están chamados a levar o peso do equipo, acompañados por 3 xogadores que subiron dos benxamíns, así como de outros 3 xogadores de primero ano que viven unha nova experiencia. Adri, que volta ó fútbol tras un ano sabático e Alex e Javi que decidiron enrolarse nun equipo de fútbol por primeira vez nas suas vidas con toda a ilusión do mundo. Unha nova e bonita etapa para xogadores, pais e adestradores, que intentarán igualar a boa tempada do equipo alevín do ano anterior, con xogadores como Carlos, Fran, Sergio, Óscar, Emilio, Miguel, Nico… que xa se atopan no equipo infantil, sendo unha satisfacción para todos ver as suas boas evolucións.

Centrándonos no partido, podemos falar dun Numancia que saiu coas ideas claras de xogo, adiántandose no marcador nunha xogada de estrategia culminada por Antón. Empatou o San Pedro nunha acción de pillería, pero novamente o Numancia ampliaría distancias gracias o seu xogo combinativo. Destacar que o cuarto gol do Numancia foi do debutante Alex. Non poido ter mellor recordo no primero partido da sua vida Alex, que un gol. ¡¡¡Noraboa¡¡¡. Logo o Racing San Pedro acurtaría distancias pero novamente o goleador do encontro Antón faría o 5-2 definitivo.

En resumo, un adestramento mais aínda que cun rival polo medio. Non foi mais que a primera pedra dun longo camiño.

Agradecer ó Racing San Pedro pola sua visita e deportividade e desexarlle moita sorte para a nova tempada. Tamén agradecer o porteiro do equipo xuvenil do Numancia, Carlos Arnoso a súa arbitraxe neste encontro, todo un luxo para ós rapaces.

En canto o Numancia alevín, nova semana de adestramentos para un grupo bonito e simpático que espera dar moitas satisfacións este ano a fiel aficción numantina.

O próximo sábado vémonos no Torneo de Barallobre ¡¡¡Non pode faltar ninguén, isto non fixo mais que comezar¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.