Inicio Noticias Alevíns ALEVÍN. R.FERROL B, 0 - NUMANCIA, 0 (penaltis, 1 - 3)
 
 

ALEVÍN. R.FERROL B, 0 - NUMANCIA, 0 (penaltis, 1 - 3)

¡¡¡CLARO QUE PODEMOS¡¡¡

Cuartos de final da Copa alevín a partido único onde o Numancia deu a badalada vencendo a domicilio ao campión de Grupo 3 de Liga e campión da fase final da Liga, é dicir, eliminando ao mellor equipo de Ferrolterra na Liga segundo as estatísticas.

 

Ferrol, 28 de maio de 2010
ALINEACIÓNS:
RACING F. “B” : Francisco, Cristobal, Aleixo, Óscar, Daniel, Mateo, Bruno, Guillermo, Hugo, Nano, Manuel e Aitor.

SDR NUMANCIA: Fernando, Óscar, Piñeiro, Emilio, Fran F., Carlos (capitán), Antón, Sergio, Nico, Miguel, Alexis e Pablo.

GOLES: Fran F., Carlos, Emilio (penaltis)

ÁRBITRO: Jose L. Corral Franco (Delegación de Ferrol)

COMENTARIO:
Tarde de venres. Ás 17:45 chegaban ao Centro de Saúde de Ares os protagonistas do día. Non era un venres calquera, non era un partido calquera. Era ¡¡¡o gran partido¡¡¡ e iso notábase nas facianas dos nosos protagonistas. Con ilusión, nervos e concentración partían os nosos fenómenos cara A Malata onde ás 19:00 deu comezo o encontro con nubes altas e una temperatura bastante agradable.
Comezou o encontro cos dous equipos tanteándose. O Numancia saíu con moito respecto ante o Rácing, pero sen medo. Co paso dos minutos, os ferroláns bloqueábanse ante o bo plantexamento do Numancia. Pola contra os aresáns, gañaban metros, tiñan moita posesión de balón, o que facía que medrara a confianza e que se sentiran máis cómodos no terreo de xogo. Froito desa situación, nos últimos 15 minutos da primeira metade o Numancia foi o claro dominador do encontro. Un disparo de falta de Fran F. que o traveseiro non deixou entrar na portería, así como un par de disparos lonxanos dos numantinos aos que respondeu extraordinariamente o bo porteiro racinguista, foron o selo de presentación dos aresán, coa mensaxe “O Numancia tamén quere gañar este partido”. Lamentablemente só foi unhna mensaxe, polo que o resultado ao descanso seguía sendo de 0-0.

Alevíns EFR Ferrol B. Cuartos de final da Copa. A Malata (28-maio-2010)
Na segunda metade os aresáns saíron algo descentrados. Os primeiros minutos foron do Rácing, cun par de ocasións que por sorte para o Numancia non acabaron en gol. De aí ao final de partido, moito centrocampismo. O Rácing parecía facer máis para levarse o partido, pero un Numancia moi ben plantado no campo, sen queimarlle o balón, tiña tamén as súas opción de levarse o encontro. Destacar no último minuto un contraataque do Numancia onde nunha acción clara de gol os aresáns botaron o balón fóra vendo que había un compañeiro do Rácing doéndose no chan. Bo xesto de deportividade dos nosos protagonistas. Con este panorama, quizais xusto polo empate, aínda que non pola falta de goles, chegouse ao final dos 50 minutos regulamentarios, polo que a clasificación decidiríase na lotería da quenda de penaltis.
Neste intre quero facer unha paréntese. Independientemente do resultado da tanda de penaltis, había que felicitar aos dous equipos polo emocionante partido que nos ofreceron, así como polo seu esforzo incansable. Tamén dicir, que o Numancia xa cumprirá anulando a un equipazo como o Racing, os penaltis dictaminarían a sorte, pero o máis complicado e gratificante xa estaba feito.
Nos momentos previos á quenda de penaltis moito nervosismo. Protagonismo especial para os porteiros, que tiñan unha tarefa difícil pero ao mesmo tempo bonita. Momentos para decidir os lanzadores, uns máis voluntarios que outros para efectuar os disparos, finalmente a quenda dos penaltis foi da seguinte maneira:

Primeiro penalti tira FRAN F. para o Numancia e ¡¡¡GOOOOL¡¡¡, 1-0 para o Numancia.

Segundo lanzamento tira o xogador do Racing e ¡¡¡para FERNANDO coa barriga¡¡¡ segue o 1-0

Terceiro lanzamento tira CARLOS para o NUMANCIA e ¡¡¡GOOOOL¡¡¡ 2-0, isto pintaba ben.

Cuarto lanzamento tira o racinguista metendo o balón pola escuadra. GOL. 2-1.

Último lanzamento… onde EMILIO tira para o NUMANCIA e ¡¡¡GOOOOL¡¡¡ que mete ao Numancia nas semifinais de Copa. Festa rachada entre os xogadores, adestradores, directivos e afeccionados numantinos. ¡¡¡Que bonito é gañar¡¡¡

En resumo, partido para quitarse o sombreiro ante os nosos xogadores. Destacar a todo o equipo, dende o primeiro ata o último componente do plantel. Seguimos co lema de sempre ¡¡¡Todos somos importantes¡¡¡ e ¡¡Se queremos, podemos¡¡¡ Sobran palabras para definir un día tan marabilloso como o do venres na Malata. ¡¡NORABOA CAMPIÓNS,  E MOITAS GRAZAS¡¡¡ Destacar tamén o papel da afección, unha mini  marea vermella acompañounos hoxe na Malata. Chegaron eses cánticos de apoio que fixeron que os nenos se viñesen arriba nos momentos máis difíciles do encontro. ¡¡Grazas afección¡¡¡

Felicitar dende estas líneas ao noso equipo prebenxamíns que nesta tarde marabillosa de venres para a familia numantina, conseguiu clasificarse para a final da Copa Prebenxamín, categoría onde o resultado é anécdotico aínda que bonito. ¡¡¡Felicidades peques¡¡¡

Alevíns Numancia de Ares. Cuartos de final da Copa. A Malata (28-maio-2010)

Como non, mandar tamén un mensaxe de ánimo aos nosos infantís, que hoxe pola mañá quedaron eliminados de forma cruel en Narón, quedando a un paso da final de Copa. Con ese orgullo, traballo e ilusión se chega ao fin do mundo. ¡¡¡Rapaces, a cabeza moi alta sempre¡¡¡.

Polo que respecta aos alevíns, agárdanos unha vindeira fin de semana ilusionante, e repleta de partidos e emocións. O máis importante, a semifinal de copa alevín en ARES ante o RACING DE FERROL. Teremos que batir a outro dos fortes equipos do Racing se queremos estar na gran final de Copa. Seguramente o partido sexa o venres ás 19:00. Ese día Prados Vellos ten que ser una festa, unha marea vermella formada por xogadores das categorías inferiores, adestradores, directivos e afeccionados para homenaxear a este equipo alevín que este ano, pase o que pase na Copa, fixeron unha excepcional tempada. Agora mándovos unha mensaxe a todos, ¡¡¡SÓ QUERO QUE A PARTIR DE AGORA DESFRUTEDES¡¡¡, nada máis, a desfrutar dos partidos que veñen ao máximo, sexa cal sexa o resultado.

Vémonos polo tanto… toda a marea verella o vindeiro venres na semifinal de Copa. ¡¡¡O QUE FALTE BOTÁMOLO DO NUMANCIA¡¡¡ Verémonos tamén os alevíns o sábado no torneo de As Pontes, pero ese será outro tema. Agora, ¡¡¡A POLA COPA NUMANCIA¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.