ALEVÍNS. TORNEO SELECCIÓNS COMARCAIS
CORUÑA - FERROL. CARLOS TAMÉN ESTARÁ NO PARTIDO DE CORUÑA
O próximo mércores a selección ferrolá alevín (f-7) xógase a clasificación en feudo coruñés.
Ferrol, 23 de abril de 2010
A delegación ferrolá de fútbol enviou a convocatoria de alevíns para disputar o partido co combinado coruñés, partido que terá lugar o mércores 28 de abril ás 17.45 h. no campo de fútbol de Meicende.
Con dous partidos xogados neste torneo, unha vitoria fronte a Coruña e unha derrota en Lugo, chega un decisivo terceiro partido. Do resultado que consigan dependerán as súas posibilidades de clasificación para a final do torneo.
Con respecto á convocatoria anterior hai dúas novidades: Sergio (Eume) e Borja (R. Ferrol) substitúen a Víctor (Caranza) e Aitor (R. Ferrol). A relación completa é a seguinte:
S. D. ANIMAS: UNAI GARCIA CONCHADO.
EUME: SERGIO MONTERO FORMOSO.
GALICIA CARANZA C. F.: AARON REY SANCHEZ, JAVIER MIRAGAYA GONZALEZ e CARLOS LEAL CAINZOS.
GALICIA S. D. C. MUGARDOS: JOAO PEDRO MOREIRA DOS SANTOS.
MEIRAS C. F.: HUGO BAHAMONDE GONZALEZ, FRANCISCO RAMOS MORALES e BORJA ALVARIÑO FERREIRO.
NUMANCIA S. D. R.: CARLOS VAZQUEZ LABRADA.
RACING C. FERROL S. A. D.: BORJA FREIRE FERNANDEZ.
C. D. SAN SADURNIÑO: FR. MIGUEL CASÁS PICO.