Alevíns: Martín na nova convocatoria da selección de Ferrol
Este vindeiro domingo, 11 de xaneiro, están convocados ás 10.30 h. no campo da Gándara, para tomar parte nun adestramento de preparación os seguintes xogadores:
ÁNIMAS: Raúl Pérez, Ismael Graña e Iván SanemeterioAS PONTES: Enrique Fornos
CARIÑO: Juan Antonio Breijo
CEDEIRA: Arturo Rúa
MEIRÁS: Aitor Hermida e Javier Franco
NARÓN: Francisco Soto e Diego Porca
NUMANCIA: Martín Pérez
R. FERROL: David Troitiño, Simon Álvarez, Carlos Amado e Artay Miraz.
R. SAN PEDRO: Xaquín Torres.
Como podemos comprobar, Martín repite convocatoria. Se ben no partido contra o Ural celebrado o xoves (con resultado de 2 - 4, favorable aos coruñeses) tivo unha actuación condicionada polos nervos do debut, estando pouco participativo aínda que, como é habitual, marcou un gol cun disparo desde fóra da área, parece que o seleccionador quere observalo de novo.
Nesta convocatoria hai que salientar, con respecto á anterior convocatoria, a presenza dos xogadores do Narón e do R. Ferrol.