ALEVÍNS. MERENDA
DESPEDIDA DA TEMPORADA EN PRADOS VELLOS
O mércores, 19 de xuño, pechamos a temporada tomando uns bocatas.
Ares, 17 de xuño de 2013
Chegado o final desta temporada, o Numancia organiza un último evento ofrecendo unha merenda para os nenos da categoría alevín, na cantina de Prados Vellos, e contando coa colaboración das nais e pais. Será ao finalizar a última sesión de adestramento, aproximadamente ás 18.30 h. do serán.
Así mesmo solicítase que os nenos entreguen a camiseta coa que xogaron esta temporada .