ALEVÍNS: NUMANCIA, 4 – R. FERROL C, 2
17 de abril de 2009
ALINEACIÓN: Quique; Vero, Martín; Iván, Miguel, Carlos; Alberto. Tamén xogaron Fran, Brais, Marcelo e Ángel.
GOLES:
1 – 0 (m.1): Alberto remata de cabeza un córner ben sacado por Iván.
2 -0 (m.9): Carlos en xogada individual.
2 - 1 (m.22): Boa xogada de Mariño, dianteiro do Racing que despois de regatear a Martín dispara forte ao fondo das redes.
2 – 2 (m.38): Outra boa xogada de Mariño que cede a Moi quen bate a Quique desde cerca.
3 – 2 (m. 43): Internada de Carlos que finaliza cun tiro rexeitado polo porteiro. Brais recolle o balón e dispara contra un defensor. Finalmente, Iván non ten máis que empuxar o balón para conseguir o tanto do desempate.
4 – 2 (m. 47): Novamente Iván, de tiro raso desde o borde da área.
COMENTARIO: Comezou a competición copeira cun partido máis igualado do que se presupoñía. O equipo local enseguida se adiantou no marcador, controlando o partido dunha maneira clara pero os contraataques do Racing levados por Mariño, un dianteiro rápido e potente, empezaron a facer daño. Finalizou a primeira parte co gol racinguista que ameazaba a vitoria numantina.
Na segunda parte varias ocasións non aproveitadas polo Numancia con tiros de Martín, Carlos e Alberto, conduciron ao empate. Sen embargo, nos últimos dez minutos os locais conseguiron os goles da tranquilidade e sumaron os tres primeiros puntos.
Regular comezo na Copa ante un rival que correu máis, pelexando por todos os balóns. Precisamente é a actitude o que deben modificar os aresáns, se queren conseguir a clasificación para a seguinte ronda.