ALEVINS: NUMANCIA A, 2 AMISTADE DE MEIRÁS 1
Tres puntos moi pelexados
7de marzo de 2009
Berto
ALINEACIÓN: Roberto, Vero, Alberto, Iván, Carlos, Miguel e Fran. Tamén xogaron Quique, Marcelo e Brais.
GOLES:
1 – 0 (m.4): Fran, a pase de Iván.
2 -0 (m.11): Carlos engancha unha volea e marca de disparo axustado ao poste.
2 - 1 (m.20): Balón alto, en globo, que sorprende a Roberto.
INCIDENCIAS: Resultou expulsado o adestrador do Amistade nos primeiros minutos do partido por protestas ao árbitrol
COMENTARIO: Encontro que comezou con dominio do equipo local que enseguida se colocou cun marcador favorable, presaxiando unha cómoda vitoria. Porén, o gol do Amistade provocou o nerviosismo nos aresáns, que se viron dominados nos últimos minutos da primeira parte. Na continuación, en varias ocasións puido chegar o terceiro gol que sentenciara o partido pero a escasa fortuna no remate e a boa actuación do porteiro do Amistade conseguiron prolongar a incertidume no marcador ata o final do partido.
Con estes tres puntos, o Numancia acércase á xornada final contra o Rácing, disposto a loitar polo campionato.