Benxamíns. Numancia, 3 - O Val, 1
Resultado engañoso.
Partido correspondente a 14ª xornada de liga de benxamíns entre o Numancia e a Sociedade Deportiva O Val.
Polo Numancia xogaron: Iván, Alex, Saúl, Diego Varela, Jaime, Martín, Víctor, Antonio e Pablo.
Goles: Martín e Víctor (2).
Nunha maña xelida presentábanse ante os seus xiareiros os benxamíns cos efectivos xustos para enfrontarse a O Val. A primeira metade foi de dominio total do conxunto local, onde os aresás dispuxeron ata de seis ocasións claras de gol. Unhas veces pola precipitación e outras polas paradas do cancerbeiro visitante as ocasión no se materializaron e chegouse a o final da primeira metade con vitoria pola minima da escadra local.
O segundo tempo comeza do mesmo xeito, con dominio dos aresás e froito del chegan os dous goles de Victor. A partires do terceiro tanto local, os visitantes estiranse e fanse donos do balón; marcando o gol da honra nos intres finais do encontro.
Salientar o gran partido dos xogadores do Numancia, de todos e cada un deles, pola sua actitude e gañas de pelexar, "este é o camiño a seguir ante todos os rivais sexan quen sexan".
No Val salientar a grande actuación dos seus arqueiros, e as gañas do resto do equipo, animo e a seguir desfrutando.