BENXAMINS. NUMANCIA, 7 – EF R. FERROL “D”, 1.
CONTINÚAN AS BOAS SENSACIONS
Partido correspondente a 4ª xornada de liga (1ª fase) benxamin, grupo C, disputado o sábado 24 de outubro, ás 11:30 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria do Numancia. Ao descanso o resultado era de empate a uns.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Oscar, Mateo, Dani, Xerar, Iker, David, Aketx e Hugo (C). Tamén xogaron Leo, Lucas, Adrián, Sergio e Luís.
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
EF R. FERROL “D”: Matías, Alejandro Casas, Alejandro Ruíz, Raúl, Gael, Leo, Manuel (C) e Leonardo. Tamén xogaron Alejandro Díaz e Martín.
Delegado: José Sequeiro Romalde.
ARBITRO: Iván García Rey. Sen incidencias.
GOLES:
Numancia: Xerar (3), Hugo (2), Mateo e Aketx.
EFR Ferrol “D”: Leonardo.
COMENTARIO:
Comezaba o partido cun Racing moito máis enchufado, aproveitando isto para adiantarse no marcador case na primeira xogada do partido, e aínda volvería avisar na portería local poucos minutos despois. A partir de aí, foise soltando o Numancia, demostrando unha maior calidade técnica tanto no individual como no colectivo, que lle serviría para dominar o partido ata o final, sen moitas complicacións, e levando o resultado ata o 7 - 1 definitivo.
O próximo fin de semana, o Numancia benxamín terá un difícil desprazamento, visitando o campo de Aneiros (Serantes) para xogar contra o Portuarios "B", dándose a casualidade de que os dous equipos chegan líderes, igualados en todos os apartados, polo que esperamos disfrutar dun apaixonante partido.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.
Galería fotografica xentileza de Flor Carrasco e Rafa Feal.