BENXAMINS. R. SAN PEDRO, 2 – NUMANCIA, 1.
REPITESE A HISTORIA
Derrota do equipo benxamín da ADR Numancia de Ares por dous goles a un fronte o R. San Pedro na súa visita no serán do venres ás instalación da Gándara. O encontró correspondente a 7ª xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de empate a cero.
Ferrol, 6 de febreiro de 2015.
FICHA TÉCNICA
R. SAN PEDRO: Anxo (C), Marcos, Felipe, Kleiver, Diego Arias, Hugo Rodríguez, Marco, e Iván. Tamén xogaron Hugo Andrade, Diego Calvo e Diego Quiza.
Adestrador: Gumersindo González Arias.
Delegado: Alberto Souto Felgar.
NUMANCIA: Miguel Iglesias, Iván, Brais (C), Aarón García, Aarón Valcarcel, Miguel Leira, Joel e Marcos Rey. Tamén xogaron Marquitos, David e Axel.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.
ARBITRO: Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.
GOLES:
R. San Pedro: Kleiver e Hugo Rodríguez.
Numancia: David.
O equipo benxamín do Numancia caía inxustamente derrotado o pasado venres na Gándara fronte o Racing San Pedro. Volvía repetirse a historia, tal como sucedera hai unhas semanas no Bernardino Breijo fronte ao Cebarca. Os de Ares malia realizar un bo encontro e levar o peso do partido non vían recompensado o seu esforzo. Faise bo xogo e xéranse ocasións, pero falta acerto de cara a gol. Esta falta de acerto foi a que propiciou que ferrolanos e numantinos chegasen ao descanso con empate a ceros.
Na reanudación era o San Pedro o que se adianta no marcador co gol de Kleiver no minuto 27. Malia o resultado adverso o Numancia tomaba a iniciativa do xogo, pero non encontraba a portaría local. Quen si a encontrou foi Hugo Rodríguez no minuto 41, quen poñía o 2 - 0. Recortaba distancias David de libre directo no 44 que poñía o definitivo 2 - 1 co que se chegou ao final do partido. Un resultado que se antollaba algo inxusto para o visto no terreo de xogo.
O próximo fin de semana o equipo benxamín do Numancia recibirá en Ares no que será a 8ª xornada de competición ao Cedeira.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.