BENXAMINS. SAN SADURNIÑO, 2 – NUMANCIA, 9.
SUPERIORIDADE VISITANTE
Partido correspondente á 6ª xornada da fase previa categoría benxamín, grupo 1º, disputado na tarde do venres en A Piscina e que rematou con vitoria do equipo numantino. Ao descanso o resultado era de 0 – 3 favorable a os de Ares.
San Sadurniño 24 de outubro de 2014.
FICHA TÉCNICA
SAN SADURNIÑO: Martín, Hugo Rodríguez, Borja, Iker, Brais (C), Hugo Silva, Hugo Pita, Daniel. Tamén xogaron Hugo Balado, Adrián, Fabián, Jesús e Marcos.
Adestrador: Marco Antonio Teixeira.
Delegado: Miguel Fachal Rodríguez.
NUMANCIA: Miguel, Carlos, Iván, Aarón García, Marquitos, David Vilasánchez, Miguel, Marcos Rey. Tamén xogaron Aarón Valcarcel, Brais, Joel e David López (C).
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
2º adestrador: Javier Lemos Margharetto.
Delegado: Antonio Lemos Margharetto.
ARBITRO: D. Álvaro Pita Fernández. Sen incidencias.
GOLES:
San Sadurniño: Brais (2).
Numancia: Iván (3), Marquitos (2), Joel (2), Miguel e David.
Partido sen moitas complicacións para os aresáns fronte ao San Sadurniño. Na primeira parte o equipo numantino xerou moitas ocasións de gol, pero os dianteiros non estiveron moi acertados entre os tres paus. Aínda así, os goles de Joel, Iván e Marquitos permitiulles aos de Ares irse ao descanso cun favorable 0 - 3.
Na segunda metade o Sansa metíase no partido cun gol de falta de Brais pero pronto reaccionaba o Numancia, e un novo gol de Iván mantiña a diferenza. Os locais non se amilanaron e volvían recurtar case de inmediato con outro novo tanto de Brais. Os de Ares non quixeron ser menos e co terceiro de Iván volvían manter a vantaxe. No tramo final do partido impúxose a maior pegada dos de Ares, e catro novos goles dos aresáns deixaban o resultado no definitivo 2 - 9 final.
No partido de hoxe debutaban na filas numantinas dous novos xogadores, Aarón e Joel, procedentes do Meirás C.F., e que decidiron incorporase ao noso equipo de benxamíns. Dende aquí aproveitamos para darlles a benvida ao Numancia onde desexamos que disfruten do fútbol connosco.
O próximo fin de semana, en partido correspondente á 7ª xornada da fase previa, os benxamíns do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do conxunto da EF do Amistade Meirás.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.