BENXAMÍNS. AS PONTES, 7 - NUMANCIA, 1.
ACTA DO ENCONTRO
Partido correspondente a decimo quinta xornada de liga local benxamín no seu grupo segundo, disputado no campo de O Poboado entre As Pontes e Numancia, que rematou con vitoria local por 7 – 1. A o descanso o resultado era de 4 – 1.
As Pontes 16 de marzo de 2013.
ALIÑACIONS
AS PONTES: Eric, Adrián, Eloy, Joao, Alejandro Riobo, Joam, Daniel, Alejandro López (C), Javier, Noa, Paula, Manuel e Oscar.
Adestrador: Antonio Pita Seco.
Delegado: José López Barro.
NUMANCIA: Miguel, Jaime, Migui (C), Diego, Oscar, Martina, David, Sergio, Raúl, Lucas, Pablo e Martin.
Adestrador: Miguel Oliveira Sánchez.
Delegado: Santiago Cartelle López.
COLEXIADO: Francisco García Rodríguez.
GOLES: Dani (2), Joam (2), Alejandro López (2) e Javier para As Pontes, e Migui para o Numancia.
Aproveitamos para a dar a benvida a Miguel e Santi como novo corpo técnico do equipo de benxamins, posto que Roberto Carlos Oliveira “Oli” tivo que deixar as súas funcións por cuestións laborais. Desde aquí aproveitamos para mandarlle un forte abrazo e moita sorte no seu novo traballo.