BENXAMÍNS. NUMANCIA, 3 - AS PONTES, 4.
DEFINIU O FÍSICO
Partido correspondente á cuarta xornada de liga local benxamín que se saldou con vitoria do conxunto pontes. Ao descanso o marcador reflectía un 1 - 2 favorable ao conxunto visitante.
Prados Vellos 15 de decembro de 2012.
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Miguel, Martín, Pablo, Migui, Oscar, Martina, Lucas, Sergio Pena, Martín Miguel, David, Diego e Jaime.
AS PONTES: Eric, Javi, Joam, Alex, Eloy, Adrián, Dani, Jandro, Mario, Paula, Noa e Joao
COLEXIADO: Juan Alberto Piñón López.
GOLES:
0 - 1: min 13, balón ás costas da defensa local que chega a Jandro e bate por alto a Miguel.
1 - 1: min. 15, bonita xogada de combinación dos de Ares que parte do medio do campo cun pase de Martina sobre Migui, éste prolonga cara á banda dereita sobre Óscar que por velocidade vaise do seu marcador alcanzando o lateral da área para bater a Eric de disparo cruzado.
1 - 2: min. 21, Javi de libre directo.
1 - 3: min. 24, centro á área local o balón queda morto e Javi aprovéitase para enviar o fondo da rede.
2 - 3: min. 27, contraataque de David por banda esquerda con pase a Migui que tira a porta, o porteiro rexeita o balón que é aproveitado por Óscar para marcar.
2 - 4: min. 30, contragolpe de Joam que bate a Miguel na sua saída.
3 - 4: min. 35, córner que bota Migui e remata Martina de cabeza ao fondo da rede.
Partido celebrado nunha mañá pasada por auga especialmente na segunda metade na que caeu un forte chubasco que condicionou un pouco o xogo dos rapaces. O partido se desenvolveu entre dous equipos parellos, no que non destacou ningún dos equipos sobre o outro e no que a diferenza física e a altura decantou o resultado final.
Aproveitamos a ocasión para mandarlle un bico a Martina, a valente xogadora aresana que malia estar mancada nunha man aguantou o partido ata o asubio final. Esperemos que te recuperes pronto.