BENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - CARANZA C, 0
QUINTA VITORIA CONSECUTIVA
Catro goles de Pablo desde fóra da área resolven o partido
Ares, 12 de novembro de 2011
Partido correspondente á sexta xornada de liga disputado en Prados Vellos
As alineacións foron estas:
NUMANCIA: Rubén, Naim, Greta, Martín, Xan, Juan, Pablo, Mario, Migui, Cristian, Ismael,
CARANZA C: Aaron; Pablo, Pedro, Raúl, Jaime, Joel, Joel Garrote, Bruno, Brais, Aaron Romalde, Juan Filgueira, Ángel Calvo,
ÁRBITRO: Alberto Landrove Sande.
GOLES: Pablo (4), Mario e Isma.
COMENTARIO: Primeira parte máis frouxa, con moitas precipitacións nos xogadores locais que parecían estar medio durmidos . Na segunda houbo unha lixeira melloría e combinouse algo máis. En conclusión, o Numancia resolveu o partido fundamentalmente pola pegada arriba, véndose algúns goles de auténtica beleza. Continúan as vitorias e o equipo segue progresando quedando moita marxe de mellora.