Prebenxamíns. Racing, 6 - Numancia,1
Derrota nun encontro con moita dureza.
O Numancia prebenxamín cae derrotado frente o Racing por 6 a 1 en encontro disputado na maña do sábado nos campos de fútbol 7 da Malata en Ferrol.
13/02/2001 A Malata. Ferrol
Xogaron polo Numancia: Adrián, Mario Martínez, Alberto, Xan, Cristian, Raúl Martínez, Migui, Pablo García, Mario García e Juan.
Gol: Pablo García.
Derrota excesiva nun encontro con dureza no xogo, donde a diferencia estivo sobre todo no acerto cara a porta. Mentres que o Racing anotou as súas oportunidades os de Ares malograron as súas, unhas veces por desacerto dos dianteiros e outras pola boa labor do porteiro racinguista que foi unha barreira imposible de superar.
Derrota importante frente un dos equipos punteiros do campionato que deixa terceiros ós de Ares e un pouco mais lonxe da cabeza. Pero a competición on da tregua e para opróximo encontro se recibe a visita do Ánimas, lider da competición, donde os numantinos terán unha boa oportunidade de revindicarse diante da súa afección.