Prebenxamíns. Numancia, 4 - Cedeira, 2
O equipo prebenxamín segue en nos postos altos da clasificación.
A vitoria por 4-2 ante o Cedeira en Prados Vellos, permite ó conxunto aresán seguir de terceiro moi preto do primeiro clasificado. Ó descanso do encontro os aresáns vencían por 3-1.
Prados Vellos 23/01/2010
Xogaron: Adrían, Mario MArtínex, Cristina, Pablo García, Pablo Cartelle, Diego, Sergio, Juan, Xan, Raúl Nogueras e Mario García.
Goles: Pablo García (2) Mario García(2)
A pesar de non facer un encontro moi vistoso o conxunto local adiantouse no marcador grazas a unha falta ben executada por Pablo García (1-0). Tamén á saída dun "corner" o propio Pablo García poñia novamente en ventaxe ós numantinos (2-0). Acurtaba distancias o Cedeira (2-1) e poñia o 3-1 , có que finalizaría o primeiro tempo, Mario García.
Na segunda metade novamente marcaban os visitantes (3-2). Por último Mario García novamente establecía o 4-2 definitivo.
Con este resultado, o Numancia segue de terceiro, a un punto do Racing e a tres do Ánimas, segundo e primeiro clasificado respectivamente. Inda que os numantinos levan un encontro menos que os conxuntos ferroláns. Destacar a solidez defensiva dos aresáns que a pesar dos goles encaixados esta semana seguen sendo os menos batidos con 11 tantos.