PREBENXAMINS “A”. ANIMAS, 1 - NUMANCIA “A”, 5.
PARECE FÁCIL
Partido correspondente a 11ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1, disputado na tarde do venres no campo de A Gándara - 4 ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ferrol, 13 de febreiro de 2015.
FICHA TÉCNICA:
SRD ÁNIMAS: David, Erik, Hugo, Eric (C), Pablo, Alex, Tamirat e Raúl. Tamén xogaron: Sergio, Braian e Sergi.
Delegado: Rafael Figueroa Teijeiro.
NUMANCIA: Marcos, Dani, David (C), Iker, Ángel, Isma, Aketx e Hugo. Tamén xogou: Xerar.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
COLEXIADO: D. Adrián Trillo Morlanes. Sen incidencias.
GOLES:
0 - 1 (AKETX) Disparo cruzado de Hugo que rexeita o porteiro. O rexeite chega a Aketx quen marca a porta baleira (minuto 4).
0 - 2 (PABLO) (pp) Ataque numantino que termina no que o xogador local Pablo bate sin querer ao seu propio porteiro (minuto 12).
0 - 3 (HUGO) Fermosa xogada persoal de Hugo con conducción, regate sobre ó porteiro e disparo para anotar o gol (minuto 28).
0 - 4 (AKETX) Internada por banda esquerda de Aketx que finaliza cun preciso disparo que supera a David (minuto 31).
0 - 5 (ÁNGEL) Pase de Isma hacia banda dereita que recolle Ángel para batir a David de disparo cruzado (minuto 35).
1 - 5 (ALEX) Balón solto na área numantina que recolle Alex para superar a Marcos de tiro cruzado (minuto 43).
CRÓNICA:
Último partido da primeira volta para o Numancia. Nesta ocasión tocou visitar as magníficas instalacións de A Gándara para medirse ao Ánimas. Os numantinos foron superiores e conseguiron a vitoria sen moitas dificultades.
Na primeira metade os numantinos tardaron cinco minutos en adaptarse as pequeñas dimensións de A Gándara - 4. No minuto 4 chegaba o 0 - 1 de Aketx. Pouco despois chegaba o 0 - 2 para o Numancia. Os aresáns dominaron na primeira metade e contaron con varias ocasións de gol, pero o bo gardarredes local David e os paus impediron que a vantaxe numantina ao descanso fora maior.
Na reanudación o Numancia saiu coa intención de sentenciar o partido canto antes. No minuto 28 Hugo conseguía anotar o 0 - 3 cunha fermosa xogada. Os locais tiveron varios achegamentos a portería de Marcos, fallando incluso un penalti que enviaron á madeira. Os numantinos recuperaron o timón do encontró conseguindo Aketx e Ángel dous novos goles. No tramo final Alex conseguía o gol da honra para os ferroláns establecendo o definitivo 1 - 5 favorable ao Numancia no marcador.
En resumo, finalizou a primeira volta nesta esixente Liga do grupo 1º de prebenxamíns onde participan os 11 equipos mellores clasificados nas distintas fases previas. Unha liga moi competitiva onde o Numancia finalizou a primeira volta na 5º posición, logo de 4 vitorias, 4 empates e 2 derrotas.
Na vindeira fin de semana logo de disfrutar do Entroido, os numantinos visitarán ao líder, o primeiro equipo da Escola do Racing de Ferrol na Malata, para comezar unha segunda volta onde agardan seguir aprendendo e mellorando grazas a "competir" cos equipos mais fortes da comarca na sua categoría.
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.