PREBENXAMINS "A". NUMANCIA "A", 10 - MIÑO, 2.
QUENTANDO MOTORES
Partido correspondente a penúltima xornada da Fase Previa prebenxamín grupo 3, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares 7 de novembro de 2014.
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA "A": Marcos, Dani, Lucas, Aketx (C), Ángel, Isma, Xerar e Hugo. Tamén xogaron: Iker e David.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
AD MIÑO: Carlos, Víctor (C), Bruno, Jul, Gael, Adrián, Roi e Pablo. Tamén xogou: Raúl.
Adestrador: Sergio Fernández Paradela.
Delegado: Francisco Salido Domínguez.
COLEXIADO: D. Francisco Piñón López. Sen incidencias.
GOLES:
Numancia: Hugo (4), Isma (3), Xerar (2) e Aketx.
AD Miño: Jul (2)
CRÓNICA:
Numancia e Miño chegaban a penúltima xornada da previa coa clasificación para o liga principal de prebenxamíns no peto. Ambos equipos xogaron un entretido partido onde os numantinos conseguiron vencer con claridade.
A primeira metade do partido foi bastante equilibrado. O Numancia creaba perigo por medio de xogadas combinativas e internadas por banda. Os visitantes facían traballar a Marcos con envíos longos sobre o seu bo xogador Jul. Os goles de Hugo e de Isma establecían o 2 - 0 favorable ao Numancia no primeiro tempo.
Na reanudación, os numantinos aumentaron unha marcha ao partido e conseguiron escaparse do marcador. Os de Miño baixaron os brazos, cousa que aproveitaron os aresáns para levar a vitoria con claridade.
En resumo, bo partido entre dous equipos que en duas semanas comezarán unha competición de Liga esixente e sobretodo moi bonita.
A vindeira fin de semana, o Numancia "A" prebenxamín finalizará a fase previa visitando ao Eume Deportivo no campo de A Gándara de Pontedeume. ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.