PREBENXAMINS. EFR FERROL "B", 4 - NUMANCIA, 5.
CONTRA VENTO E MAREA
Partido correspondiente a 7ª xornada da Liga Prebenxamín Grupo 2, disputado na mañá de sábado nas instalacións de A Malata.
Ferrol, 8 de febrero de 2014
FICHA TÉCNICA:
EFR Ferrol "B": Jesús (C), Javi Ríos, Javi Villar, Hugo, David, Marcos, Martín Bouza e Martín Vidal. Tamén xogaron: Alex, Olivia, Jorge, Iker, Yago e Casas.
Delegado: Iban Balaguer Álvarez.
Numancia: Marcos, Dani, Brais, Aketx (C), Mateo, David Vilasánchez, Axel e Hugo. Tamén xogaron: Ángel, Lucas, Isma, Xerar e Sergio Feal.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: Aitor Varela Suarez.
Colexiado: Pablo Peña Díaz. Sen incidencias.
Goles: Hugo (2), Martín Bouza e David no Racing. David Vilasánchez (3), Xerar e Hugo anotaron no Numancia.
CRÓNICA:
Por culpa de Petra e de Qumaira os nenos do Numancia prebenxamín non poideron adestrar esta semana. Estaban con ganas de atoparse de novo co fútbol os rapaces numantinos. Por sorte Ruth deu unha pequena tregua e o partido entre Racing "B" e Numancia, 2º e 1º clasificado disputouse en A Malata; aínda que co vento como un dos espectadores mais molestos.
Na primeira metade o vento favorecía ó Numancia. Nos minutos 2 e 18, David Vilasánchez anotaba dous goles que establecían o 0 - 2 no marcador. No minuto 22 era Xerar o que facía o 0 - 3. Con ese resultado terminaba unha primeira metade de claro dominio numantino.
Na segunda igualaronse algo as forzas xa que o vento favorecía o Racing. Aínda así os de Ares chegaban a poñianse cun 0 - 5 o seu favor cos goles de Hugo e novamente de David Vilasánchez. Nos últimos 15 minutos de partido o vento, a loita sen descanso do Racing e os nervios mermaron o rendimiento dos nenos do Numancia. O Racing conseguía acercarse no marcador; levando no último minuto o medo o corpo da parroquia numantina cando conseguían o 4 - 5 definitivo. Cunha parte para cada equipo e con mais acerto na definición por parte dos numantinos terminaba o partido.
En resumo, foi un partido condicionado polas condicións climatolóxigas e polas reducidas dimensións do campo de A Malata - 3. O Numancia estivo cómodo durante 40 minutos; ben posicionado e con eficacia ofensiva. Nos últimos 10 minutos unha paxara estivo a piques de tirar por terra o traballo realizado. Enténdese que o vento e moi importante nestas idades onde os nenos apenas poden desprazar o balón. Enténdese que o rival tamén xoga e no partido de hoxe fixo un bo traballo, sobretodo na segunda metade. O que no se entende tanto é que os nenos cheguen a estar nerviosos no campo cando nestas idades soamente teñen que preocuparse de participar, xogar e de disfrutar; olvidándose dalgunha forma do resultado e da clasificación. ¿Presión excesiva dende o público? Haberá que reflexionar.
En definitiva, un novo partido para seguir aprendendo. Desta vez tocou sufrir nos últimos minutos e loitar facendo honra do orgullo numantino nos últimos minutos para defender o anecdótico resultado. Como tamén é anecdótica a clasificación; pero para os amantes das estadísticas dicir que o Numancia sigue líder aumentando as distancias cos seus perseguidores. Simplemente é un premio o traballo semanal. Toca disfrutar do momento; pero sobretodo non pecar do mal de alturas; xa que o mais importante e seguir aprendendo e formándose como persoas e futbolistas.
Agradecer o gran compromiso dos nenos e familiares. Nunha semana de cicloxénesis explosivas contínuas non era fácil acudir A Malata na mañá de sábado. Os 13 convocador foron chegando mais ou menos puntuales, pero sobretodo comprometidos. Gracias a tod@s.
Na vindeira semana, o Numancia prebenxamín terá descanso na competición de Liga; aínda que non se descarta xogar algún partido amistodo. De momento, agardemos poder retomar esta semana a rutina semanal; si o tempo o permite.
Nas vindeiras horas, subiremos un gran álbum de fotos do partido, xentileza de Flor Carrasco.
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡