PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 - EUME, 3.
DUROS COMO PEDRAS DE SARABIA
Partido correspondiente a 4ª xornada da Liga Prebenxamín, grupo 2; disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares 18 de xaneiro de 2014.
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Marcos, Dani (C), Brais, David Allegue, Axel, David Vilasánchez, Xerar e Hugo. Tamén xogaron: Ángel, Gonzalo, Isma, Óscar e Sergio Feal.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
EUME DEPORTIVO: Brais, Javi, Matías, Dani, Yago, Jorge, Sergio (C) e Rafa. Tamén xogaron: Adrián, Óscar, Octavio e Axel.
Adestrador: Arturo Curbeira Pérez.
Delegado: Ramiro López Martínez.
COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz. Sen incidencias.
GOLES: David Vilasánchez (2), Hugo (2) e Isma no Numancia. Dani, Axel e Adrián por parte do Eume.
CRÓNICA:
Despois do partido de alevíns, aparecía o sol para que o Numancia e o Eume de prebenxamíns ofreceran un bo espectáculo os numerosos aficionados presentes en Prados Vellos. Entretido e bonito partido que tivo sol, saraiba e goles.
Na primeira metade comezaba o Numancia exercendo unha forte presión sobre o Eume, roubando balóns na zona de iniciación eumesa e tendo multitud de ocasións que non atopaban o premio do gol. Na primeira chegada con perigo dos eumeses, Dani conseguía o 0 - 1 no minuto 11. Lonxe de rendirse, os numantinos seguían dominando o partido; tendo algo mais de claridade nas xogadas ofensivas. David Vilasánchez nos minutos 18 e 20; e Isma no minuto 24 remontaban o encontro deixando o resultado nun 3 - 1 favorable ó Numancia nesta primeira metade.
No segundo tempo apareceu a choiva e a sarabia. Os pequenos xogadores de ambos equipos fixeron bo iso de ¡¡se chove, que chova¡¡¡; aguantaron heroicamente o temporal e seguiron ofrecendo bo fútbol os espectadores. Hugo nos minutos 29 e 31 ampliaba a vantaxe do Numancia establecendo o resultado de 5 - 1. Non se rendían os eumeses que acurtaban distancias nos minutos 32 e 38 por medio de Axel e Adrián. Nos últimos minutos houbo intercambio de ocasións, pero o resultado non se moveu; rematando este bonito e disputado partido entre pequenos eumeses e numantinos co resultado de 5 - 3 favorable o Numancia.
En definitiva, gran partido de ambos equipos que desafiaron a saraibada e a chuviosa e fría maña de sábado en Prados Vellos. Bo partido do Numancia con gran participación de todos os presentes. Bo partido tamén do Eume que foi un gran rival para o Numancia durante todo o partido.
En resumo, demostración de compromiso, ilusión e paixón polo fútbol de xogadores e familiares de ambos equipos. Non erá unha mañá que invitase a levantarse da cama, desprazarse ata Prados Vellos e xogar ó fútbol. Pero este deporte pode con todo; a ilusión dos nenos non entende de climatoloxía e o compromiso e cariño das nais e pais hacia ós nenos non ten límites. GRACIAS A TOD@S.
O vindeiro compromiso para o Numancia prebenxamín terá lugar o próximo fin de semana coa visita o campo de fútbol de O Cadaval en Piñeiros para xogar ante o Narón "B". ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡