PREBENXAMINS. R. SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 1.
O FÍSICO E A VETERANÍA FORON DETERMINANTES
Partido correspondente a 6ª xornada da Fase Previa Prebenxamín grupo 3 disputado nas instalacións de A Gándara en Ferrol na tarde do venres ante numerosos aficionados de ambos equipos.
Ferrol, 25 de outubro do 2013.
FICHA TÉCNICA:
RACING SAN PEDRO: Hugo Andrade, Hugo Rodríguez, Anxo, Jorge, Marcos, Diego (C), Joel e Felipe. Tamén xogaron: Santi, Bruno e Marco.
Adestrador: Alberto Souto Felgar.
Delegado: Gumersindo González Arias.
NUMANCIA DE ARES: Marcos, Dani, Brais, Iker, Mateo, David Vilasánchez, Axel (C) e Hugo. Tamén xogaron: Ángel, David Allegue, Isma, Xerar e Mario.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
COLEXIADO: D. Arno Mbayo. Sen incidencias.
GOLES:
0 - 1 (HUGO) Hugo colle o balón en tres cuartos de campo e inicia unha xogada persoal que termina cun bonito disparo que bate ó porteiro local (minuto 5).
1 - 1 (JOEL) Joel aproveita unha indecisión na defensa numantina para establecer ó empate (minuto 18).
2 - 1 (ANXO) Mal despexe do Numancia que cae nos pes de Anxo para batir a Marcos (minuto 31).
3 - 1 (JOEL) Córner favorable os locais que remata Joel no segundo pau (minuto 36).
CRÓNICA:
Rendía visita ó Numancia a un dos bos equipos da categoría, un Racing San Pedro que conta nas súas filas con moitos xogadores de segundo ano. Os numantinos contaban neste partido con 3 xogadores de segundo ano, axudados por 9 de primeiro. Partían en clara desvantaxe física os numantinos, pero nos primeiros minutos de partido saíron con forza e Hugo facía o 0 - 1 no minuto 5 de partido. No resto da primeira metade houbo bastante igualdade entre os dous equipos, os locais presionaban e conseguían ocasións grazas ó empuxe. Os de Ares aproveitaban a velocidade dos seus homes de ataque e as xogadas a balón parado para levar perigo. No minuto 18, Joel anotaba o 1 - 1 co que se chegaba ó descanso.
Na segunda metade o maior físico dos locais notouse no ritmo e nos balóns disputados. A veteranía do Racing San Pedro impúxose a inocencia numantina nos pequenos detalles. Erros de concentración ou falta de forza que facilitaron a chegada de dous novos goles para os locais; establecendo o coñecido 3 - 1 favorable os do Ensanche ferrolano. Tivo ocasións o Numancia para acadar o empate nalgunhas xogadas a balón parado pero non houbo sorte nin forzas para superar o forte traballo defensivo local, apoiado tamén na superioridade física.
En resumo, esixente partido para os prebenxamíns do Numancia, que a bon seguro aproveitaron para correxir erros e mellorar. Xogando contra equipos superiores e como mais se aprende; tarefa fundamental nesta categoría de formación; a aprendizaxe, acompañada da diversión e unha alta participación de minutos dos nenos nos partidos (unha pena que non sexa obrigatorio para todos)
En definitiva, soamente nos queda agradecer o bo trato dispensado polo persoal do Racing San Pedro e por Laureano Bugallo (encargado das instalacións de A Gándara), seguir traballando e agardar unha noxa xornada de aprendizaxe, anécdotas e diversión que terá lugar o próximo sábado as 12:00 tendo como compañeiros de xogo os nenos prebenxamíns do Rápido de Neda. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡ ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡