PREBENXAMÍNS. RECEPCIÓN NO CONCELLO
O NUMANCIA PREBENXAMÍN, MARCOS AMOR E ÁLEX PITA ASINARÁN NO LIBRO DE OURO DO CONCELLO
Este sábado, 22 de xuño, ás 12.00 h. o salón de plenos do concello de Ares abrirá as súas portas para acoller aos nenos prebenxamíns do Numancia, campións do 2º grupo da liga ferrolá, así como a Marcos Amor e Álex Pita, premiados cos trofeos de mellor adestrador e mellor xogador, respectivamente, da categoría xuvenil da delegación de Ferrol.
A corporación aresá renderalles unha homenaxe en recoñecemento dos seus triunfos.