PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - CEDEIRA "B", 1.
NOVA VITORIA PARA DESPEDIR A LIGA EN ARES
Partido correspondente a decimosétima xornada de liga local prebenxamín no seu grupo segundo, disputado no campo de Prados Vellos entre os equipos do Numancia e Cedeira “B”, e que rematou con vitoria local por 5 – 1. A o descanso o resultado era de 0 – 1.
Prados Vellos 19 de abril de 2013
Penúltimo partido de liga, e ultimo do Numancia en Prados Vellos no vixente campionato de liga. A próxima xornada os de Ares desprazaranse ata a Malata para enfrontarse á EFR Ferrol "C", na que será a derradeia xornada. O seguinte fin de semana, 4 e 5 de maio, disputásese en O Beco (Cedeira) o "II Torneo de Copa Delegación de Ferrol".
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Miguel, Manu, Marcos Rey, Axel, Marquitos (C), Carlos, Iván, Juan, Xerar, Brais, David López e David Vilasánchez.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.
CEDEIRA “B”: Lois, Antonio, David (C), Mateo, Xabi, Brais, Lucía, Ángel, Adri, Antón, Sara e Giulia.
Delegado: Antonio Javier Rodríguez García.
COLEXIADO: Diego Bouza Pena.
GOLES
0 - 1: min. 21, rápido contragolpe do Cedeira conducido e finalizado por Ángel que bate a Juan na súa saída.
1 - 1: min. 27, disparo de Marquitos que dá nun defensa, o rexeite remátao Manu para marcar de disparo raso.
2 - 1: min. 35, pase en longo de Brais sobre Marquitos que queda só diante do porteiro para batelo de disparo a media altura.
3 - 1: min. 44, disparo bombeado de Marcos Rey dende o centro do campo que colle o porteiro adiantado.
4 - 1: min. 47, condución de balón de Axel por banda esquerda con pase sobre Marquitos quen dribla a un defensa e supera a saida do porteiro por abaixo.
5 – 1: min. 50, balón rexeitado pola defensa visitante que chega as botas de Manu quen de disparo bombeado desde tres cuartos de campo supera por alto o gardameta.
Partido de clara posesión e control do conxunto aresano fronte a un Cedeira ordenado e rochoso en defensa que abortaba unha e outra vez as acometidas do conxunto local, e que cando tiña a oportunidade saía ao contragolpe. Así no minuto 21 se adiantarían os visitantes no marcador para irse ao descanso cun 0 - 1 ante a incredulidade dos aresanos que foran os que levaran o peso do partido durante os vintecinco primeiros minuto, pero que non foran quen de penetrar nas lineas defensivas do Cedeira, e cando o lograban, un acertado gardameta abortaba as ocasión locais.
Na segunda metade volvería ser o conxunto local o que tomaba de novo a iniciativa e empataba o partido aos poucos minutos da reanudación. O Cedeira repregado atrás trataba de saír á contra, logrando algunhas aproximacións á área que Miguel resolveu sen problemas. O segundo tanto dos de Ares meteunos de cheo no partido tendo o control deste ata o asubío final.