PREBENXAMÍNS. R. SAN PEDRO "B", 3 - NUMANCIA, 4.
ACTA DO ENCONTRO
Partido correspondente a decimosexta xornada de liga local prebenxamín no seu grupo segundo, disputado no campo de A Gándara entre os equipos do R. San Pedro “B” e Numancia, que rematou con vitoria visitante por 3 – 4. A o descanso o resultado era de 1 – 3.
Ferrol 13 de abril de 2013.
ALIÑACIONS
R. SAN PEDRO “B”: Iván, Diego Calvo, Diego Maceiras, Adrián, Yago, Hekibib, Filipe, Pablo (C), Fran, Gabriel, Óscar e Nicolás.
Adestrador: Marcos González García.
Delegado: Pedro Cara González.
NUMANCIA: Miguel, Manu, Marcos Rey (C), Axel, Marquitos, Carlos, Brais, David, Hugo e Davicito.
Adestrador: Francisco Manuel Iglesias Pena.
Delegado: Eugenio Margharetto Rodríguez.
COLEXIADO: Diego Bouza Pena.
GOLES:
0 – 1: Davicito (min. 4).
0 – 2: Manu (min. 14).
1 – 2: Hekibib (min. 15).
1 – 3: Marcos Rey (min. 25).
2 – 3: Pablo (min. 27).
3 – 3: Hekibib (min. 32).
3 – 4: Manu (min. 45).
Partido de trámite para o conxunto aresano ante un San Pedro necesitado de puntos para poder afianzarse na segunda praza na súa loita particular co San Sadurniño. Os ferrolanos loitaron ata o final, e malia ir a remolque no marcador nunca deron o partido por perdido, chegando a empatalo. Un gol a cinco minutos do final daría a vitoria aos de Ares, unha máis na súa invicta traxectoria ligueira.