PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - CARANZA C, 2
INCERTIDUME ATA O ÚLTIMO MINUTO
Intenso partido con vitoria final para os locais aínda que puido darse calquera resultado.
Ares, 12 de novembro de 2011
Partido correspondente á sexta xornada de liga disputado en Prados Vellos.
As alineacións foron estas:
NUMANCIA: Miguel, Manu, Iván, Marcos, Carlos, Martín, Lucas, Raúl, Diego, Jaime, Sergio e Óscar
CARANZA C: Xabier, Carlos, Francisco, Diego, Andrés, Adrián, Jefersson, Raúl, Pablo, David, Bruno e Cristian.
ÁRBITRO: Alberto Landrove Sande.
GOLES: Diego, Martín (2), e Carlos polo Numancia; Raúl e David os do Caranza C.
COMENTARIO: Moita igualdade entre estes dous equipos nun partido disputadísimo, sobre todo na primeira parte que rematou con empate a un gol. Na segunda parte os locais tiveron algunha ocasión máis fronte a un equipo visitante con máis envergadura e físico. Os nenos non escatimaron esforzos e pelexaron ata o último alento.
A próxima semana espéranos o derbi no campo da Pedreira contra o eterno rival.