CIDADE DEPORTIVA DE PEDRÓS
INAUGURACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL-7 DE PEDRÓS.
Os infantís do Numancia e o Galicia de Mugardos estrean mañá o novo campo.
Ares, 25 de febreiro
Na web do concello podemos atopar toda a información sobre esta noticia:
“O alcalde inaugurará o venres a primeira fase da Cidade Deportiva de Pedrós.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, será o encargado de inaugurar a primeira fase da Cidade Deportiva de Pedrós, unha actuación que superou os 230.000 euros –foron concretamente 231.175,59 euros- e que se executou con cargo ao Plan E (Plan Estatal de Investimento Local) correspondente a 2009. O acto terá lugar o vindeiro venres, día 26, a partires das 17.30, e consistirá no descubrimento dunha placa e na celebración dun encontro de fútbol-7 no que os xogadores infantís do Galicia de Mugardos e do Numancia de Ares estrearán o novo campo.
Esta primeira fase consistiu na construcción dun campo de fútbol-7 con alumeado, unha zona de vestiarios formada por dous espazos colectivos, dous individuais, almacéns e servizos, totalmente equipados, así como na urbanización do entorno e dos accesos á nova instalación. Ademais, habilitouse un amplo aparcadoiro que servirá para dar servizo aos usuarios que acudan á cidade deportiva.
Esta obra supón o remate da primeira fase dun proxecto incluido no programa electoral da formación socialista. Polo tanto, a inauguración supón o cumplimento doutro punto máis das propostas do equipo de goberno, que pretende seguir ampliando en fases posteriores cunha zona para tiro con arco en exteriores e incluso un espazo multideporte con pistas de pádel, baloncesto así como un bikepark.”
O adestrador de infantís do Numancia, José Juan Vilar, citou para as cinco da tarde aos seguintes xogadores: Quique, Verónica, José Manuel, Iván, Andrés Novoa, Marcelo, Álex, Brais, Miguel e Miguelito. Tamén está convocado o xogador alevín Fran.
Finalmente, comentar que ata última hora haberá que estar pendente da posible suspensión do partido, debido ás condicións meteorolóxicas tan preocupantes destes días.