XI Memorial Pedro García Vilar 2019. Resumen
SDC Galicia de Mugardos, Ural CF e SCDR Ánimas os campións.
O sábado 7 e domingo 8 de setembro disputouse en Prados Vellos a XI edición do Menorial Pedro García Vilar. Torneo de F8 no que a ADR Numancia de Ares rinde homenaxe a unha das figuras máis emblemáticas da entidade.
O torneo comenzou o sábado coas categorías de prebenxamíns e benxamíns que foron alternando os seus encontros. Os participantes de prebenxamíns foron tres equipos: O Ural CF coruñés, os nosos veciños da SDC Galicia de Mugardos e os pequenos da ADR Numancia de Ares. Na categoría de benxamíns participaron os mesmos equipos que se presentaron na categoría de prebenxamíns, máis un cuarto equipo, o Meirás CF.
Acompañou o bo tempo, boa asistencia de afeccionados ó recinto aresán, e partido a partido rematamos a xornada deixando ó Ural CF como gañador na categoría de benxamíns e á SDC Galicia de Mugardos como vencedor da categoría de prebenxamíns.
A xornada dominical tería oito actores na categoría de alevíns: SCDR Ánimas , CD As Pontes, Ural CF, SD Rápido de Neda, CCRD Perlío, SDC Galicia de Mugardos, SDC Galicia de Mugardos 'B' e ADR Numancia de Ares. A xornada matinal, que comenzou co ceo encapotado e pouco a pouco deu paso ó sol, presentouse coa disputa de dous grupos xogandose os emparellamentos para a xornada do serán. Xornada que remataría con a SCDR Ánimas como gañador to torneo.
En resumo, fin de semana cheo de fútbol en Prados Vellos, e dos máis pequenos, que e a mellor maneira de honrar a figura de Pedro.
Dende o clube queremos agradecer e felicitar a todos os clubes participantes (deportistas, corpos técnicos e afeccionados) e ós colexiados, polo seu excepcional comportamento e colaboración para que todo fose unha festa do fútbol.
Agradecer a colaboración para poder organizar este torneo ó Concello de Ares, Protección Civil, Gadis, e todas as outras entidades e persoas, grandes ou pequenas, que na medida das súas posibilidades aportaron o seu esforzo para que todo saíra adiante.
E por s posto, mandar un afectuoso abrazo á familia de Pedro.
¡¡Moitas grazas a tod@s!!
#ForzaNuman, #AupaNumancia