TROFEO REGULARIDAD BODEGAS & VINOS ARES
CÉSAR VICENTE LÓPEZ, "CHAPU", XOGADOR MAIS REGULAR DA TEMPORADA
Rematada a temporada, é momento de facer balance antes das vacaccións. Desta forma, unha vez contabilizadas todas as votacións dos distintos partidos de Liga e Copa, xa temos gañador do Trofeo Regularidade Bodegas & Vinos Ares. Os 25 goles de Chapugol na Liga valéronlle para ser o mellor da temporada, ademais de recibir o premio como máximo goleador da Segunda Galicia e ser un dos tres finalistas ao premio de mellor xogador na Gala do Fútbol de Ferrolterra. Felicitamos a Chapu por esta gran temporada.
PREMIO REGULARIDADE BODEGAS & VINOS ARES (PUNTUACIÓNS FINAIS)
CHAPU - 103,5
ELÍAS - 98,5
DANI ESPIÑEIRA - 97,5
IVÁN "PIVO" - 97
JULIO - 90
ANTÓN - 82
AMENEDO - 77,5
ÓSCAR - 74,5
PABLO FERRO - 72
MARCELO - 69
VICENTE - 68,5
FRAN "RIPAS" - 66
KIKE - 65
CARLOS VÁZQUEZ - 64
MARTÍN- 62
JUAN - 61
ÁNGEL - 60,5
ALEX PITA - 47,5
BERTO PERMUY - 42,5
TETI - 32,5
RUBÉN - 31
CARLOS ARNOSO - 30,5
JOAQUÍN - 30
EMI "MAGA" - 10,5
PABLO VASCÓS - 10 (Xuvenil)
FRAN ANIDO - 6,5 (Xuvenil)
TITO - 4 (Xuvenil)
PABLO GARCÍA - 3,5 (Xuvenil)
RAÚL ANIDO (-3 (Xuvenil)
Participaron nesta temporada un total de 24 xogadores con licencia de modestos. Ademais do salientado, Chapu, gran temporada de xogadores xóvenes xa consolidados na categoría como Dani Espiñeira, Iván "Pivo", Elías, ou do veterán e capitán, Julio Escudero. No aspecto negativo, lamentamos as lesións de homes como Berto Permuy, Rubén Allegue ou Emilio Magariños, que os privaron de poder axudar ao equipo da maneira que eles quixeran. Por sorte, nos momentos mais compricados da temporada, con sancions e lesións, os Xuvenís, Pablo Vascós, os irmáns Fran e Raúl Andido, Tito e Pablo García aportaron o seu fútbol o equipo de modestos, demostrando que hai canteira.
Dende o club, queremos dar as gracias a todos os xogadores e o corpo técnico formado por Miguel Carballeira e Jose Antón por compartir o seu tempo e o seu esforzo co Numancia. Agora toca desfrutar dunhas merecidas vacaccións.
¡¡¡Moitas gracias a todos¡¡¡
AUPA NUMANCIA