TROFEO REGULARIDADE BODEGAS & VINOS ARES (ADC MOECHE - NUMANCIA)
ALEX PITA FOI O MELLOR NO MUNICIPAL DE MOECHE
Segunda visita da temporada do noso equipo a Moeche e segunda vitoria conseguida nese campo. Desta vez, os nosos venceron por 0-3 e conseguiron tres puntos que danlles moral para o tramo final de Liga, despois de dúas derrotas consecutivas. Alex Pita con dous goles foi determinante en Moeche. Boa nova que volva Alex Pita despois dunha sanción de catro partidos, nas últimas xornadas temos a un Alex mais centrado, agardemos que os seus goles e as súas bonitas xogadas sexan protagonistas ata final de temporada.
PUNTUACIÓNS DO ADC MOECHE - NUMANCIA
ALEX PITA - 4,5
AMENEDO - 4
MARTÍN - 4
KIKE - 3,5
ANTÓN - 3,5
VICENTE - 3,5
JUAN - 3,5
ELÍAS - 3,5
ESPIÑEIRA - 3,5
JULIO - 3,5
CHAPU - 3,5
BERTO - 3,5
TETI - 3,5
FRAN RIPAS - 3,5
Nos dous últimos partidos do mes de Marzo, ante o Meirás CF en Ares e na visita ao UDC Narahío, poderemos seguir valorando aos nosos xogadores.
AUPA NUMANCIA