PREVIA FIN DE SEMANA 13 DE XANEIRO
VOLVE O FÚTBOL, REGRESA A ILUSIÓN
Primeira fin de semana do 2019. Sete partidos son os que afrontarán os nosos equipos dende o venres ata o domingo. Destacamos o partido do primeiro equipo ante o Narahío. Infantís e benxamíns xogarán tamén en Prados Vellos.
MODESTOS: O domingo ás 16:15 reciben en Prados Vellos ao UDC Narahío. Despois do parón navideño os nosos buscarán comezar con bo pe este 2019. Non será un rival fácil o conxunto de San Sadurniño, un conxunto coas ideas claras e xogadores moi perigosos na parte ofensiva. Os numantinos loitarán por unha vitoria que os permita seguir asentados na zona alta da clasificación. Marea Vermella convocada este domingo en Prados Vellos para comezar o apoio o noso equipo neste ilusionante 2019.
XUVENÍS: O sábado ás 11:00 no campo de herba artificial de A Gándara, os nosos visitan ao Racing San Pedro. Chegan os xuvenís a este partido como líderes do segundo grupo da categoría. O rival deste sábado, ocupan a terceira posición, polo que se agarda un bonito partido nas excelentes instalacións de A Gándara.
CADETES: O sábado ás 18:30 os nosos visitan ao líder, o Rápido de Neda. Difícil compromiso para os nosos, que están a ir de menos a mais esta temporada e que buscarán en Neda un bo resultado para seguir subindo posicións no segundo grupo da categoría.
INFANTÍS: O sábado ás 16:30 en Prados Vellos os nosos reciben ao CD Narón. Os infantís comezan un 2019 ilusionante situados nas primeiras posicións do grupo principal da categoría. Este sábado deberán sair concentrados ao terreo de xogo para non verse superados polo equipo naronés.
FÚTBOL - 8: Abren a xornada os prebenxamíns, con bonito derbi ante o Galicia de Mugardos o venres ás 17:00 no campo de A Pedreira. Tamén o venres, pero ás 19:00 os benxamíns reciben en Prados Vellos ao CD As Pontes "B". Para o sábado ás 12.:15 queda a difícil visita dos alevíns A Malata para medirse a Escola de Fútbol do Racing de Ferrol.
AUPA NUMANCIA