PREVIA FIN DE SEMANA 16 DE DECEMBRO
FIN DE SEMANA CON PARTIDO SOLIDARIO
Achéganse as datas do Nadal, pero antes teremos aínda por diante dúas xornadas de competición. A primeira, terá lugar este fin de semana, onde xogan todos os nosos equipos, agás os cadetes e os prebenxamíns que teñen xornada de descanso por calendario.
MODESTOS: O domingo ás 16:15 terá lugar o último partido do primeiro equipo en Prados Vellos neste 2018. Os de Miguel Carballeira e Jose Antón reciben ao ADC Moeche, coa intención de seguir na boa línea de resultados neste arranque da Segunda Fase. No descanso deste encontro, o Presidente de Cáritas de Ares, recibirá por parte do noso club todos os alimentos recollidos na nosa gran RECOLLIDA DE ALIMENTOS. Por iso, pedimos a todos os espectadores que se acheguen o domingo en Prados Vellos que aporten algún que outro alimento para facer aínda mais grande a cantidade que se lle dará a Cáritas de Ares neste PARTIDO SOLIDARIO.
XUVENÍS: O sábado as 18:00 no campo de San Claudio en Ortigueira, os de Chemari e Cartelle visitan ao equipo local. Os rapaces buscarán a terceira vitoria desta Segunda Fase para seguir nos postos altos do segundo grupo da categoría. Posteriormente, ás 22:30 os xuvenís celebrarán a cea de Navidad no Bar Avenida de Ares.
INFANTÍS: O sábado ás 11:30 os de Ángel Mahía e Alberto Iglesias visitan ao Eume Deportivo. Os infantís comezaron a Liga empatando na casa ante un dos favoritos, a SD O Val. Nesta segunda xornada buscarán unha vitoria en Pontedeume para comezar con forza esta Liga do grupo principal da categoría.
FÚTBOL - 8: Todos os equipos de fútbol - 8 xogan o venres. Abren a xornada os alevíns de Genete e de Eloy, recibindo ás 17:00 (horario modificado, xa que inicialmente era ás 17:30) ao Galica de Mugardos, nun derbi da Liga Alevín grupo primeiro. As 17:30 xogan dous equipos. Os benxamíns de Dani Espiñeira e Juan Escudero xogan en Sinde ante a SD O Val na segunda xornada. A mesma hora, os biberóns de Jorge Martínez disfrutarán do seu segundo partido da temporada. Será ás 17:30 no Pavillón de Neda, devolvéndolle desa maneira a súa visita ao equipo local.
AUPA NUMANCIA