PREVIA FIN DE SEMANA 6 DE OUTUBRO
O FÚTBOL BASE, PROTAGONISTA DA FIN DE SEMANA
Este domingo non haberá partido de modestos, ya que toca descanso por calendario. Os tres equipos da base de fútbol - 11 xogan en Ares, mentras que os tres conxuntos de fútbol - 8 o farán a domicilio. Analizamos o que nos agarda esta fin de semana:
XUVENÍS:
O sábado ás 18:30 reciben en Prados Vellos ao líder do grupo, o CD Cariño. Despois da vitoria da semana pasada ante o Narón Freixo, os de Chemari e Cartelle xogarán dous partidos seguidos na casa ante Cariño e Perlío, nos que buscarán os tres puntos para escalar postos na clasificación da Fase Previa da Liga.
CADETES:
O venres ás 18:30 xogan en Prados Vellos ante o CD Narón "A". Os de Juan Alberto e Kiko buscarán os primeiros puntos da temporada ante un equipo que está na misma situación clasificatoria que os nosos rapaces.
INFANTÍS:
O sábado ás 16:30 os de Ángel Mahía e Alberto Iglesias reciben en Prados Vellos ao Racing San Pedro. Segundo partido de Liga para uns rapaces que caeron con orgullo ante un dos favoritos, a SD O Val na primeira xornada, e que buscarán a primeira vitoria da temporada ante o conxunto ferrolá.
FÚTBOL - 8
Segunda xornada de Liga para todos os nosos equipos, que xogarán a domicilio o venres. As 17:00, os prebenxamíns visitarán A Gándara de Pontedeume para medirse ao Eume Deportivo "B". As 18:00 os benxamíns visitan O Cadaval, onde xogarán co CD Narón "B". Por último, as 19:30 os alevíns visitarán os campos de A Malata en Ferrol, alí xoga o Meirás CF, rival desta semana, os seus partidos como local nas categorías de Fútbol - 8.
¡¡Vémonos nos campos¡¡¡
AUPA NUMANCIA