PRESENTACIÓN IV TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE
NUMANCIA DE ARES E GALICIA DE MUGARDOS, LOITARÁN O DOMINGO POLO IV TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE
Esta mañá presentouse na Floristería Real de Ares, o IV TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE. Os xogadores do Numancia, Dani Espiñeira e Alberto Permuy (da xeneración do 97), acompañados de Luís Fuentes, responsable da Comisión de Festas de San Roque de Ares, presentaron a cuarta edición dun Trofeo que disputarán o Numancia e o Galicia de Mugardos. Será o domingo 12 ás 19:00 en Prados Vellos.
Para os nosos, este será o segundo partido de pretemporada, despois de visitar este xoves ao Cultural Maniños "B" en O Pote ás 20:30. O Galicia de Mugardos, que este ano volve a ter como claro obxetivo regresar a Preferente Galicia, será o primeiro equipo da Primeira Galicia que xogará en Prados Vellos neste mes de Agosto. Posteriormente visitarán Ares o Cultural Maniños, (domingo 19 ás 19:00 no Trofeo Concello de Ares) e o SD Orillamar (domingo 26 de Agosto ás 19:00).
Derbi á vista este domingo en Prados Vellos con San Roque como invitado de excepción. Pasamos lista.
AUPA NUMANCIA
#goreds