Mercadiño Veciñal
Este domingo, o Numancia estará presente no Mercadiño Veciñal
Como xa vos adiantabamos, este domingo 8 de Xullo teremos o noso posto no MERCADIÑO VECIÑAL que organiza o Concello de Ares ao longo do Paseo Marítimo.
Desde as 9:00 ata as 21:00 horas, os membros da Xunta Directiva da entidade estarán ao mando dun posto que estará situado enfronte a Pizzería O Bodegón, e no cal poderedes adquirir o seguinte:
- Camisetas de EU SON NUMAN
- Polos do Numancia, marca JOMA
- Bufandas do Numancia
- Rifas para un sorteo dun lote de botellas de viño, xentileza de Bodegas&Viños Ares.
O sorteo realizarase ás 20:00 no noso posto do mercadillo.
Ademais de todo iso, realizaremos as seguintes presentacións:
- Nova roupa de rúa do Numancia
- Campaña de captación de xogadores, "VEN A XOGAR CON NÓS"
- Campaña de captación de socios
- Campaña de captación de negocios e establecementos colaboradores da entidade.
O domingo, día de compras fútboleras e de paseo en Ares polo MERCADILLO VECIÑAL.
Xa sabes, cóntallo aos teus amigos...
AUPA NUMANCIA
#goreds