ANÁLISE DA XORNADA DO 27 DE MAIO DE 2018

MODESTOS E CADETES, AVANZAN NAS COPAS

Gran fin de semana, o último do mes de Maio para a nosa entidade. Os modestos clasificábanse para os Cuartos de Final da Copa da Ría, mentres que os cadetes conseguían o pase a final da Copa AFACO.



ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Copa Delegación de Ferrol. Mandiá,2 - Numancia, 2. Campo de Boavista.MODESTOS: Vendeu moi cara a sua pel o Mandiá CF no seu campo de Boavista. Os nosos viaxaron mermados de efecttivos e sufriron dúas lesións, unha antes do partido e outra os 15 minutos. Coa axuda de dous xuvenís, Iván Dragoevich e Pablo Ferro e a volta de Vicente Allegue logo de varios meses ausentes por mor do traballo, o noso primeiro equipo sufriu nunha primeira metade que remataba cun 1-0 na nosa contra. Na segunda metade, Chapu a pase de Iván facía o 1-1. Cando mellor estaba o Numancia, os locais facían o 2-1, pero por sorte cerca do final, Vicente cabeceaba un córner ao fondo da portería local para establecer o 2-2. Na tanda de penaltis, 4-5 a favor dun Numancia que anotou todos os seus lanzamentos.Mención especial a toda afición que acompañou ao equipo en Boavista. O Eume Deportivo agarda nos Cuartos de Final en Prados Vellos.


CADETES: Na tarde do venres, CD Narón "B" e Numancia disputaron unha fermosa semifinal de Copa en Prados Vellos. Os nosos chegaban cun 0-1 a favor ao descanso. Na segunda metade, o CD Narón empataba despois do lanzamento dun penalti. Non se rendía o Numancia a pesar de todos os contratempo e Migui facía o seu segundo gol da tarde establecendo o 1-2. Nos últimos minutos, o conxunto local aproveitaba o lanzamento doutro novo penalti para facer o 2-2 final. Na tanda de penaltis, os nosos anotaban todos os lanzamenos e vencían por 4-5, clasificándose para a Final da Copa AFACO ante o  R. Neda en  Miño.


FÚTBOL - 8: O alevín "B" remataba a Liga vencendo ao Meirás CF en Prados Vellos, pechando desta maneira a competición oficial de todas as categorías do F8. Un F8 que celebrou o sábado no Mosteiro de Santa Catalina en Montefaro a sua festa anual. Quedans os Torneos...


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.