ANÁLISE DA XORNADA DO 13 DE MAIO DE 2018
A POR OUTRA RONDA DE COPA
Nunha fin de semana con pouca actividade, destacamos a clasificación dos modestos para os dezaseisavos de Final da Copa da Ría. Analizamos o sucedido estos días pasados.
MODESTOS: Moitos goles no Municipal de Moeche na tarde do domingo das comunións. Os nosos, conseguían poñerse cun 0-4 na primeira media hora de xogo. Reaccionaban os modestinos, chegándose cun 2-4 o descanso. No segunda metade, ampliaba distancias o Numancia, aídna que nos últimos minutos os locais facían dous goles que deixaban o marcador final en 4-5. Destacar os catro goles de Chapugol neste partido, un luxo ter a este incansable dianteiro con nós. Tamén o compromiso de varios xogadores que abandonaron celebracións familiares para xogar o partido e a participación de novo do xuvenil, Iván Dragoevich. O CD Cariño agarda o próximo domingo en Prados Vellos.
FÚTBOL - 8: O Alevín "A" disputou o sábado a Copa de Convivencia do grupo 1 da categoría en Río Seco. Na fase de grupos vencían a SD O Val, empataban co R. Ferrol "C" e caían co Narón Freixo e co Cedeira SD. Clasificábanse como terceiros de grupo para uns Cuartos de Final nos que caían derrotados ante o CD As Pontes. O alevín "B", coa axuda de algún infantil de varios benxamíns, xogaba na mañá do sábado en Prados Vellos dous partidos amigables ante a UD Paiosaco de A Laracha, conxunto ao que agradecemos a sua visita as nosas instalacións.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡