ANÁLISE DA XORNADA DO 21 DE XANEIRO DE 2018
VOLVERON AS VITORIAS
Nunha fin de semana, marcada por gripes e contratempos que deixaron a moitos dos nosos equipos limitados, volveron as vitorias nas categorías mais altas da entidade.
MODESTOS: Por fin chegou esta vitoria que tanto necesitaba o equipo. Despois de tres derrotas consecutivas, venceron con moita emoción ante o Barallobre no campo de O Ramo. Recuperación de algúns xogadores e agardamos que tamén de confianza para afrontar os próximos partidos.
XUVENÍS: Importante vitoria en Perlío, nunha primeira parte igualada na que os locais conseguían irse ao descanso con vantaxe. Na segunda parte, o Numacia meteu unha marcha mais e conseguiu levarse unha vitoria que o permite seguir entre os seis primeiros clasificados. O esforzo e o traballo en equipo serán vitais para que este xoven grupo de xuvenís consiga manter o bo nivel.
CADETES: Os cadetes, moi xustos de efectivos caían derrotados ante o Perlío nun duelo da zona alta da clasificación. Na primeira metade a superioridade local foi clara, pero os numantinos perdoaron en exceso e soamente poideron irse cun 1-0 ao descanso. Na segunda metade o Perlío veuse arriba e foi mellor no intercambio de golpes, levándose os tres puntos para Fene.
INFANTÍS: Moito mérito o deste equipo infantil, xa que a pesar das baixas e de ter que xgar con varios rapaces alevíns de primeiro ano, non baixaron nunca os brazos ante un Portuarios que foi moi superior no físico e no xogo durante todo o partido.
FÚTBOL - 8: Novamente os alevíns conseguiron unha doble vitoria. O alevín "A" venceu en Prados Vellos ante o G. Mugardos "B" no derbi do grupo 1. No grupo 2, o alevín "B" vencía con claridade ao CD Narón a domicilio. No grupo 1 das suas categorías, o benxamín caía na casa ante un bo Racing de Ferrol; pola sua parte os prebenxamíns a piques estaban de traerse algo positivo na sua visita A Gándara na que se mediron ante ao SDR Ánimas.