ANÁLISE DA XORNADA DO 17/12/2017
DE TODO COMO EN BOTICA
Penúltima xornada do ano para os equipos de fútbol - 11 e última para os de fútbol - 8. Analizamos o que deu se si a pasada fin de semana, na que nos partidos xogados en Prados Vellos ...
Ares, 21 de decembro de 2017.
... por xuvenís e modestos gardouse un respetuoso minuto de silencio na na memoria de D. José Ramón Sardina Sanmartín, "Monso", ex directivo do Numancia e avó do xogador do equipo alevín da entidade, Mateo, finado na mañá do sábado. Descanse en paz.
MODESTOS: Empate en Prados Vellos ante un bo equipo como o CCRD Perlío. Partido aberto e vibrante no que calqueira dos dous equipos poido vencer, pero no que finalmente sumaron un punto que deixa ao Numancia en quinta posición. Destacar o debut no primeiro equipo do xuvenil, Fran Anido.
XUVENÍS: Derrota ante o líder en Prados Vellos. Un Eume Deportivo que tivo que loitar ata o último segundo para levarse os tres puntos de Ares ante un bo Numancia no que o xogador de campo, Antonio Fernández ocupou a portería con moi boa nota.
CADETES: Vitoria contundente dos cadetes no irregular campo de Santa Mariña do Monte ante un Amistade Meirás "B" que tivo que disputar todo o partido con soamente 9 xogadores. Partido dos que non gusta xogar. Trámite cumprido.
INFANTÍS: Aguantaron 60 minutos os infantis do Numancia ante o Racing de Ferrol "B" na Gándara- Lástima duns últimos 20 minutos que os condenou a vir para Ares cunha derrota algo abultada.
FÚTBOL - 8: O alevín "A" caía en Prados Vellos ante un bo G. Caranza. O alevín "B" conseguía unha axustada victoria en Miño. Os benxamíns, non sumaban puntos no derbi ante o G. Mugardos en Ares. Por pouco non sumaban puntos, pero en cambio asistían a unha gran demostración de deportividad do equipo rival os prebenxamíns, no seu partido ante o G. Caranza "B" en Prados Vellos.
Despois desta xornada, os nenos dos equipos de fútbol - 8 collen vacaccións, e xa agardam polos regalos de Papa Noel e dos Reis Magos. Bo Nadal aos nenos e as suas familias. Vémonos no 2018.