ANÁLISE DA XORNADA DO 29 DE OUTUBRO DE 2017
BOAS NOVAS EN XERAL
Última fin de semana de outubro na que todos os equipos do Numancia tiveron o seu partido. Analizamos de seguido, o sucedido nos distintos encontros.
Ares, 2 de novembro de 2017.
MODESTOS: Derrota pola mínima en Prados Vellos ante o Somozas "B", nun partido no que os puntos non tiñan trascendencia paran ningún dos dous equipos. O mellor, o regreso ao fútbol do gran Chapu despois dun ano no dique seco, nun partido que serviu para certificar que Alex Pita foi o mellor xogador do equipo no mes de outubro.
XUVENÍS: Vitoria cómoda en Prados Vellos ante o CD Narón "B" que serviu para certificar a clasificación do equipo para a "Liga dos mellores" na penúltima xornada da primeira fase.
CADETES: Gran partido en Sinde ante un dos mellores equipos da categoría, a SD O Val. Os rapaces perdían finalmente o encontro, pero deron unha boa imaxe na maior parte do partido.
INFANTÍS: Vitoria clara dos rapaces na sua longa viaxe ata o campo de San Claudio, en Ortigueira.
FÚTBOL- 8: Vitoria do alevín "A" ante o líder do grupo, o Cedeira en Prados Vellos. O alevín "B" conseguía un empate en Caranza ante os locais, líderes tamén do seu grupo. Os benxamíns vencía con claridade ao Libunca. Os prebenxamíns, empataban en Prados Vellos ante o líder do grupo, o Galicia de Caranza "B".
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡