ANÁLISE DA XORNADA DO 1/10/2017
BOA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
Sentou ben o cambio de mes para o Numancia. Os modestos vencían en Barallobre. Xuvenís, alevíns e benxamíns remataban setembro vencendo os seus encontros. Os infantís, empataban nun precioso derbi ante o G. Mugardos.
Ares, 3 de outubro de 2017
XUVENÍS: Vitoria na casa ante o Amistade Meirás. Non foi un gran partido do equipo xuvenil, pero pese a iso consiguiron un triunfo cómodo para continuar na zona alta da clasificación.
CADETES: Gozaron dunha xornada de descanso por calendario.
INFANTÍS: Empate no derbi do sábado entre Numancia e Mugardos en Prados Vellos. Partido bonito e disputado dentro do campo, con ocasións nas dúas porterías. Fóra do campo, gran ambiente entre aresáns e mugardeses, con bombo incluido. Festa do fútbol infantil en Prados Vellos.
FÚTBOL - 8: Na tarde de fútbol en Prados Vellos do venres, o alevín "A" vencía ao Miño nun partido moi igualado. Posteriormente, os benxamíns debutaban na Liga cunha cómoda vitoria ante o Galicia de Caranza. O sábado pola mañá en San Cludio o Alevín "B" tamén gañaba o seu encontro fronte ó Ortigueira"B".
En resumo, o Numancia pasou a ITV xeral do mes de setembro. Pese a moitas circunstancias, os equipos numantinos tiveron en líñas xerais un bo arranque de temporada. Vémonos na seguinte fin de semana, onde debutarán en Liga os últimos en facelo, os prebenxamíns.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡