DÍA DA MULLER EN PRADOS VELLOS. 2017
O NUMANCIA AGRADECE O APOIO DAS MULLERES
Andrea Salido Blanco, co número 57 recibiu o regalo dun ramo de flores e executou o saque de honor do partido de xuvenís entre o Numancia e o Galicia de Mugardos.
Ares, 13 de marzo de 2017.
Un total de 60 mulleres, entre nenas, mozas e menos mozas, participaron o sábado pasado no sorteo celebrado na cantina de Prados Vellos, resultando premiado o número 57. A vicepresidenta da peña de mulleres “oficiosa” do Numancia, Milagros García, foi a encargada de sacar o número coa papeleta premiada, que resultou ser unha das últimas en entregar, sendo a afortunada, Andrea Salido Blanco.
Sabemos que non é suficiente e mesmo pode ser que a máis dunha lle pareza un detalle “machista” regalar unhas flores, pero tamén queremos subliñar que a intención era mostrar o agradecemento da ADR Numancia a todas as mulleres que dalgunha maneira “sofren” o fútbol, desde aquelas nais que teñen que levar os seus fillos a localidades algo distanciadas, tendo que estar unha hora antes do comezo do partido, ata aquelas compañeiras que ven coma as súas parellas as “abandonan” para estar no Numancia. Unha vez máis e sempre serán poucas, moitas grazas a todas polo voso apoio e comprensión.
Máis imaxes do evento premendo neste enlace.