VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR. PRESENTACIÓN
EN PRADOS VELLOS ESTE VINDEIRO VENRES, 9 E SÁBADO, 10.
Esta mañá foi presentada unha nova edición do Memorial “Pedro García”. Estiveron presentes os prebenxamíns do Numancia, Carlos e Lucas, acompañados polo seu monitor, Marcelo e o concelleiro de deportes aresán, Geno Fernández.
Ares, 7 de setembro de 2016
Venres, 9 en xornada de tarde e sábado, 10 en dobre xornada de mañá e tarde, son as datas nas que o F-8 da comarca ferrolá terá unha nutrida representación en Prados Vellos. Un total de 14 equipos, dos cales 12 pertencen á delegación ferrolá, e 2 son de Coruña, disputarán os primeiros partidos da temporada 2016/17, de modo que servirá para ir vendo as evolucións destes equipos.
O torneo está organizado polo Numancia en colaboración co concello de Ares.
Ademais, cóntase coas aportacións dos seguintes establecementos:
Supermercado Claudio
Supermercado Gadis
Base Deporte
Ferretería Sar
Todos eles son importantes e necesarios para o desenvolvemento deste torneo no que o único obxectivo é que os rapaces se divirtan.
Pódese consultar toda a información do torneo no seguinte enlace.