CAMPUS CELTA EN ARES 2016. 4º DÍA.
CHEGA A CALOR A PRADOS VELLOS.
Achegámonos pouco a pouca ata a fin deste Campus; o cuarto día foi solleiro desde o inicio da xornada. Repetiuse hoxe...
Ares, 14 de xullo de 2016.
...a baixa de Álex, polo tanto, continúan como monitores: Lourido, Santi e Charlie. Hoxe, probablemente debido ao Sol e á temperatura, vemos ós rapaces moi contentos e dispostos a adestrar, quizais un pouquiño máis ca os outros días. Hoxe tamén contamos con Marcelo, pero Martín hoxe non puido vir. Na primeira parte da xornada, os monitores adestraron o físico, logo do bocata, comezáronse a facer partidiñas para rematar coa rutineira competición.
![ADR Numancia de Ares. Campus del Celta 2016.](https://lh3.googleusercontent.com/-en94m6yz4jE/V4fedsTG16I/AAAAAAAASs4/cXYo6XIsfTo9eCenHjYqpd4L1n3v-BKKQCCo/s720/campus_celta4_2.jpg)
![ADR Numancia de Ares. Campus del Celta 2016.](https://lh3.googleusercontent.com/-6h6w8lAQsDo/V4fec9_FITI/AAAAAAAASs0/hTh4b82p240INONoHcvTaUjbRFVyZqwwwCCo/s800/campus_celta_4_3.jpg)