FÚTBOL PRAIA. 1º CAMPIONATO GALEGO XUVENIL
DE ARES A ARTEIXO
Cambio de sé e cambio de organización nesta fase previa para a selección dos xogadores que formarán parte da selección galega xuvenil de Fútbol – praia.
Ares, 22 de xuño de 2016.
Esta vindeira fin de semana, sábado 25 e domingo 26 de xuño, celebrarase no areal de Sabón (Arteixo) un primeiro campionato xuvenil que servirá para que os seleccionadores galegos de Fútbol – praia poidan observar as evolucións dos rapaces que formarán parte da selección galega.
Desta primeira fase sairán dous equipos que representarán á zona norte (A Coruña e Lugo) na fase final a disputar o sábado 2 de xullo na praia de Samil (Vigo).
A información completa pódese consultar aquí.