R. FERROL - R. SANTANDER
XÓGANSE O TÍTULO DE CAMPIÓNS
Final de Liga na Malata este sábado, 7 de maio, ás 18.00 h., cun partidazo do que sairá o campión. Pódense solicitar entradas gratuitas para os xogadores menores de idade do Numancia, así coma doutros clubs da delegación ferrolá.
Ares, 2 de maio de 2016.
Coma en partidos anteriores, os xogadores do Numancia menores de idade poden solicitar gratuitamente as entradas para acudir ao último partido de Liga entre o R. de Ferrol e o R. de Santander, coa disputa do título de Liga en xogo.
Recórdase que poden acudir equipos completos, en cuxo caso facilitarase unha invitación de adulto para o seu adestrador, monitor ou responsable que os acompañe.