CAMPUS CELTA 2016. INSCRICIÓNS
PÓDESE DESCARGAR AQUÍ O BOLETÍN DE INSCRICIÓN
Lémbrase que todas as inscricións efectuadas con anterioridade ao 1 de xuño recibirán unha camiseta de adestramento a maiores da equipación completa, Adidas, da Fundación Celta de Vigo.
Ares, 1 de maio de 2016.
Esta nova edición do Campus de verán Celta de Vigo celebrarase entre o 11 e o 15 de xullo nas instalacións municipais do concello de Ares de Prados Vellos (se houber máis de 50 matriculados tamén se utilizarían as instalacións da Pedreira de Mugardos). E como en edicións anteriores, vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos.
Descarga dende este enlace o Documento de Inscrición