SORTEOS DE COPA
COPA AFECCIONADOS, F-8 FEMININO E TORNEOS DE CONVIVENCIA DE F-8
O venres, 15 de abril efectuaranse os distintos sorteos destas competicións na sé da Delegación de Ferrol, conforme o seguinte horario:
Ares, 30 de marzo de 2016.
O comunicado recibido desde a Delegación presenta a seguinte información:
Ás 19.00 h.: sorteo dos torneos de convivencia do F-8.
Ás 20.00 h.: sorteos da Copa de afeccionados e do F-8 feminino.
Importante: Os clubs que non desexen participar nalgunha destas competicións teñen de prazo ata o 8 de abril para comunicar a súa renuncia. De non facer efectiva dita notificación, entenderase que todos participan nas mencionadas competicións.