AFILIACIÓN AO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES
TAXA ANUAL DE AFILIACIÓN: 30 €
Nun comunicado enviado aos clubs, o presidente do Comité Galego de Adestradores, Manuel Mosquera Bastida, informa que para dilixenciar a licenza federativa da vindeira temporada, como monitores ou adestradores, estes deben estar afiliados ao citado Comité.
Ares, 17 de xullo de 2015.
Para tal fin, os novos afiliados deben enviar unha ficha cos datos persoais e de formación deportiva, xunto cos seguintes documentos:
- Fotocopia do título ou diploma de adestrador.
- Fotocopia do DNI.
- Fotografía tamaño carné.
- Fotocopia do pagamento da taxa de afiliación ao Comité Galego de Adestradores.
A taxa anual de afiliación é de 30 €.
Tamén informa que todos os adestradores colexiados deben ter a súa ficha persoal actualizada e que todas as comunicacións e contratos serán enviados ao correo electrónico indicado na ficha.