ITV. FIN DE SEMANA DO 15 AO 18 DE XANEIRO DE 2015.
MOI BOAS E FRÍAS SENSACIÓNS
A pasada fin de semana volveron a competición as categorías que faltaban por debutar no 2015. Foi unha boa xornada para o Numancia con boas vibracións e resultados positivos na sua maior parte. Analizamos:
MODESTOS: Derrota no último minuto ante o líder en Miño onde o Numancia deixou unha grata impresión dando unha moi boa imaxe. Toca seguir así nas próximas xornadas.
XUVENÍS: Nova vitoria dos xuvenís desta vez en Perlío que serviu para asaltar a segunda posición da clasificación. ¡¡¡Qué o ritmo non pare...¡¡¡
CADETES: Gran ledicia a que nos deu o equipo cadete que conseguiu vencer despois de varias semanas sin facelo. A víctima foi o Perlío en Prados Vellos. ¡¡¡Este é o camiño¡¡¡
INFANTÍS: Non quixeron ser menos os infantís e pese a estar moi mermados de efectivos conseguiron dar a sorpresa vencendo en Prados Vellos ao CD As Pontes. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡
FÚTBOL - 8: Volveron todos os nenos á rutina. No marathón de partidos do sábado en Prados Vellos os alevíns empataban ante o EF Ensanche. Os benxamíns vencían con claridade ao Cedeira "B". O prebenxamín "B" derrotaba ao Perlío. Xa na Malata o prebenxamín "A" empataba co EFR. Ferrol "B". Os biberóns xogaban o xoves un gran partido ante o Eume no pavillón de Ares nuha nova xornada do Torneo AFACO de fútbol - 6.
En resumo, boa xornada a pasada fin de semana onde o frío, o vento e por veces tamén a choiva acompañou aos nosos xogadores e adestradores nos seus partidos. Parece que non sentaron nada mal estas condicións climatolóxigas, en parte grazas tamén ao calor da gran afición numantina que nunca falla nos partidos dos nosos equipos.
O Numancia somos tod@s
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡